Sunday 05 de May de 2024

Ribeira celebrará a primeira festa da Xuventude en Coroso


Os edís Francisco Suárez, Fernando Abraldes e Antía Alberte presentaron xunto a David Sampedro a primeira festa da Xuventude de Ribeira que se celebrará o vindeiro venres 12 de abril en Coroso.
Segundo explicou o concelleiro de Festexos, Suárez-Puerta, o evento contará coa presenza do grupo El Combo Dominicano e o DJ Tito Maverick. O evento está organizado en colaboración con Espectáculos A Cantaruxa, segundo afirmou o promotor David Sampedro, o evento comezará as 22:00 horas.
Pola súa parte, Antía Alberte, reafirmou o seu compromiso para organizar máis eventos dirixidos á mocidade, contanto con artistas e grupos locais. Este evento pretende ofrecer un espazo inclusivo e divertido onde os mozos e mozas poidan xuntarse e gozar da música en directo.